¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Cris de Caldas naceu entre os contos que lle contaba a súa avoa Carmela para que comera, para que non comera tanto, para que deixara de gabear polas árbores, para que levantara o cú, para que falara, para que calara... Deste xeito, aprendeu que había un conto para cada ocasión. Tanto conto arrolouna que quixo saber máis deles, polo que non lle quedou outra que estudar filoloxía pero iso non foi suficiente.

Ela quería vivir entre contos, así que logo preparouse para ser bibliotecaria. E aínda que é un traballo moi creativo e divertido, ás veces sinte que os contos queren saír dos andeis e eu lévaos con ela para que os escoite quen sabe facelo. Outras veces, prefire conversar con quen máis sabe e levar un anaco da nosa tradición no seu contar. Na actualidade, conta para todo tipo de públicos, para quen non ten nin un ano e para que pasa dos cen. Só se precisa orellas, para escoitar, corazón, para deixarse emocionar e boca para sorrir.

 

ESPECTÁCULOS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar